sábado, 18 de diciembre de 2010

Felices Festas

Déixovos aquí unha iniciativa emprendedora... facendo un bo uso dos recursos que nos ofrece a rede... :-)

lunes, 13 de diciembre de 2010

Persigue o teu obxectivo

O que tes aquí é a sinopse dunha famosa película do ano 2006 "En busca da felicidade" protagonizada polo actor Will Smith e o seu propio fillo. Esta película está baseada na historia real de Christopher Paul Gardner. Vai á páxina de wiki onde nos conta a súa historia e logo fai unha entrada resumíndoa e relacionándoa coas características dun emprendedor vistas en clase.

Nin que dicir ten que valoro a extensión, a expresión, que a redación sexa propia, a ortografía, a capacidade de facer relacións entre as características e a historia. Esta actividade pondera o dobre.

Ilustra esta entrada cunha foto de Paul Gardner.


miércoles, 1 de diciembre de 2010

A última lección

A última lección

domingo, 14 de noviembre de 2010

Incrustar (embed) unha presentación no noso Blog

Tes que incrustar (en inglés "embed") unha presentación multimedia (tipo powerpoint) sobre os tipos de empresa que existen. Para isto entra en slideshare.net, busca unha presentación sobre este tema e incrústao no teu blog seguindo as explicacións da seguinte presentación.
Á hora de cualificar esta actividade terei en conta, non só o feito de "incrustar" a presentación, senón tamén o contido da presentación que escollas (valorarei que explique que é unha Sociedade Limitada e unha Sociedade Anónima").

martes, 2 de noviembre de 2010

O COOPERATIVISMO

O obxectivo da visita ao CEI-NODUS de Lugo era dobre: por un lado coñecer este servizo que ofrece o Concello de Lugo para a creación de empresas e busca de emprego, pero por outra dar a coñecer a forma da Cooperativa como forma de creación de empresas.

No USB que vos regalaron, ían uns apuntamentos sobre o cooperativismo. De aí extraín o documento que vos entreguei. O traballo a facer é o seguinte:


Tedes que elaborar cinco preguntas tipo test sobre o cooperativismo (en base ao documento entregado). Cada pregunta debe contar con catro respostas. Tedes que sinalar cal é a correcta. Unha vez feito, enviádeme por correo e-mail a urraca60@gmail.com

Os criterios para cualificar o exercicio son:
  • Presentación das cinco preguntas en tempo e en forma
  • Corrección das preguntas e da resposta.
  • Corrección ortográfica e de expresión
  • Grao de elaboración das preguntas e das respostas (se preguntades que é unha cooperativa e as respostas son: un animal, unha comida, unha pedra, un xeito de crear empresas... sen saber nada pódese responder).

martes, 26 de octubre de 2010

VISITA AO CEI-NODUS


 
Se organizamos unha visita ao CEI-Nodus é porque esperamos que o alumnado aprenda algo...
E esa é a pregunta.

Elabora unha entrada no teu blog, acompañada dunha foto (túa ou da presentación que comparto nesta mesmo blog) dicindo:
  • 1º Que aprendiches (na parte da conferencia)
  • 2º Que relación lle viches á actividade co fieltro co cooperativismo
  • 3º Que opinión che mereceu a actividade.
Lembra: valora a túa corrección ortográfica e expresiva, a extensión e o contido.VISITA AO CEI-NODUS