martes, 26 de abril de 2011

As franquicias

Unha das formas para crear o teu propio negocio é a través dunha franquicia... pero... queé unha franquicia? Disto trata a seguinte actividade. Terás que elaborar un documento de texto onde contestes a estas preguntas:

  1. Que é unha franquicia? Quen son o franquiciado e o franquiciador? 
  2. Como funcionan?
  3. Que vantaxes e que desvantaxes ten para o franquiciado?
  4. Existen moitos tipos de franquicias. Averigua en que consisten os seguintes tipos:
  • Franquicia individual
  • Franquicia maestra ou máster
  • Franquicia córner
  • Franquicia de productos
  • Franquicia de servicios 

Logo, tes que seleccionar algunha franquicia que che preza interesante  (para iso podes buscar nesta páxina:   http://www.franquiciadirecta.com) e contestar o seguinte:
  • En que consiste o negocio que escolles.
  • Cal é a inversión mínima.
  • Cales son os cobros que che fai o franquiciador (exemplos: royalties, canon de publicidade,  software...)?
  • Que esixencias che pide o franquiciador (exemplos: tamaño do local, número de habitantes...)?

sábado, 9 de abril de 2011

I just made a new Voki. See it here:

lunes, 21 de febrero de 2011

A BOLSA

Imos cambiar de aires... logo de traballar sobre o emprendedor (cales son as súas características, se nace ou se se fai, as súas dificultades, as vacas que nos impiden actuar...) imos aprender que é a Bolsa e como funciona. Dalgunha maneira, imos xogar a ser "corredores de bolsa", o que os anglosaxóns chaman "brokers". Para o que estudou Paul Gardner na peli "En busca da Felicidade"... Lembras?
O primeiro que imos facer vai ser buscar información sobre a Bolsa. Tedes que contestar as preguntas da ficha... por cada resposta correcta cobraredes uns "euriños": se che van todas ben poderás gañar ata 1000 €.
Con estes cartos poderedes investir na Bolsa e comprar ou vender o que estimedes oportuno...
Os xogadores que consigan gañar máis de 10 € durante o xogo, gañarán un punto no exame. E ademais, o xogador ou xogadora que máis beneficios obteña, non só gañará o título de mellor "corredor" senón que ademais gañará un premio...
Xogaredes cunha vantaxe: imos xogar cos datos da Bolsa do día anterior, co que, se sabedes ler a información bursátil (adxectivo que significa "referente á Bolsa") que se publica tódolos días na prensa, poderedes conseguir unha pequena fortuna.

A información da Bolsa de Madrid podédela atopar aquí: Bolsa de Madrid.
Sorte!

domingo, 30 de enero de 2011

Contaches un conto... o da vaca... E como tódolos contos, este ten unha moralexa... a vaca significa algo... algúns xa acertaron na entrada do seu blog... outros inda non o pillaron.
Agora propóñoche que analices cales son as "vacas" máis comúns, expliques en que consisten e poñas un exemplo (podes empregar a documentación que vos entreguei, claro).
Valorarei: que poñas tódolos "tipos de vacas" e en que consisten; que poñades un exemplo propio (ou sexa, que non estea na documentación entregada), a expresión, a ortografía e a extensión. E por último que poñas unha imaxe que poda simbolizar algo do que estás a dicir. A puntuación desta entrada é conxunta coa anterior do conto da vaca.

E non uses a típica vaca de que isto é difícil ;-)

martes, 25 de enero de 2011

O conto da vaca

Tedes que facer un resume do conto da vaca. Así de simple e sinxelo. Adxuntádelle unha imaxe dunha vaca para que quede máis "mono".
Valorarei a calidade do resumo, a expresión, a ortografía e a "moralexa que saquedes".