Tes que incrustar (en inglés "embed") unha presentación multimedia (tipo powerpoint) sobre os tipos de empresa que existen. Para isto entra en slideshare.net, busca unha presentación sobre este tema e incrústao no teu blog seguindo as explicacións da seguinte presentación.
Á hora de cualificar esta actividade terei en conta, non só o feito de "incrustar" a presentación, senón tamén o contido da presentación que escollas (valorarei que explique que é unha Sociedade Limitada e unha Sociedade Anónima").
domingo, 14 de noviembre de 2010
Incrustar (embed) unha presentación no noso Blog
Publicado por Miguel Carricoba en 19:57 0 comentarios
martes, 2 de noviembre de 2010
O COOPERATIVISMO
O obxectivo da visita ao CEI-NODUS de Lugo era dobre: por un lado coñecer este servizo que ofrece o Concello de Lugo para a creación de empresas e busca de emprego, pero por outra dar a coñecer a forma da Cooperativa como forma de creación de empresas.
No USB que vos regalaron, ían uns apuntamentos sobre o cooperativismo. De aí extraín o documento que vos entreguei. O traballo a facer é o seguinte:
Tedes que elaborar cinco preguntas tipo test sobre o cooperativismo (en base ao documento entregado). Cada pregunta debe contar con catro respostas. Tedes que sinalar cal é a correcta. Unha vez feito, enviádeme por correo e-mail a urraca60@gmail.com

Os criterios para cualificar o exercicio son:
- Presentación das cinco preguntas en tempo e en forma
- Corrección das preguntas e da resposta.
- Corrección ortográfica e de expresión
- Grao de elaboración das preguntas e das respostas (se preguntades que é unha cooperativa e as respostas son: un animal, unha comida, unha pedra, un xeito de crear empresas... sen saber nada pódese responder).
Publicado por Miguel Carricoba en 2:12 0 comentarios
Suscribirse a:
Entradas (Atom)