Imos cambiar de aires... logo de traballar sobre o emprendedor (cales son as súas características, se nace ou se se fai, as súas dificultades, as vacas que nos impiden actuar...) imos aprender que é a Bolsa e como funciona. Dalgunha maneira, imos xogar a ser "corredores de bolsa", o que os anglosaxóns chaman "brokers". Para o que estudou Paul Gardner na peli "En busca da Felicidade"... Lembras?
O primeiro que imos facer vai ser buscar información sobre a Bolsa. Tedes que contestar as preguntas da ficha... por cada resposta correcta cobraredes uns "euriños": se che van todas ben poderás gañar ata 1000 €.
Con estes cartos poderedes investir na Bolsa e comprar ou vender o que estimedes oportuno...
Os xogadores que consigan gañar máis de 10 € durante o xogo, gañarán un punto no exame. E ademais, o xogador ou xogadora que máis beneficios obteña, non só gañará o título de mellor "corredor" senón que ademais gañará un premio...
Xogaredes cunha vantaxe: imos xogar cos datos da Bolsa do día anterior, co que, se sabedes ler a información bursátil (adxectivo que significa "referente á Bolsa") que se publica tódolos días na prensa, poderedes conseguir unha pequena fortuna.
A información da Bolsa de Madrid podédela atopar aquí: Bolsa de Madrid.
Sorte!
lunes, 21 de febrero de 2011
A BOLSA
Publicado por Miguel Carricoba en 0:34
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

0 comentarios:
Publicar un comentario